Monday 29 de April de 2024

O Partido Popular de Cambre reclama que os veciños sexan informados oficialmente dos servizos mínimos acordados polo Concello ante a folga indefinida dos servizos de limpeza.


Ante a total falta de información oficial do Concello de Cambre sobre a grave situación de saúde pública que se pode producir en todos os edificios municipais, colexios e no PAC (Punto de Atención Continuada) situado no ambulatorio de Cambre, o Partido Popular solicitou hoxe mediante rexistro toda a información relativa aos servizos mínimos aprobados e que esta sexa comunicada oficialmente polo Concello en prensa, redes sociais e en todos os locais municipais, para coñecemento de todos os veciños.
“Non é de recibo que esteamos na segunda xornada de folga e os veciños aínda estean desinformados sobre os servizos mínimos aprobados, o goberno local está a superar todos os límites de irresponsabilidade e está a deixar desprotexidos aos colectivos máis vulnerables como os nenos, dependentes e os maiores”, denuncian dende o Partido Popular.
“A decisión do alcalde de non regularizar os servizos en precario nestes 8 anos acabou paralizando Cambre, no goberno local ninguén se fai responsable de nada eo Concello non poderá sair adiante mentres sigan os mesmos que o levaron a esta situación, os veciños xa non se fían do señor Patiño e debe marchar”, sinala a portavoz Diana Piñeiro.